Como son as oposicións de FOL?

1ª PROBA

Parte A

5 temas extraídos ao chou do temario de FOL. Escóllese un e debes desenvolvelo por escrito durante 2 horas.

Aquí podes acceder aos 69 temas publicados na Orde de 1 de febreiro de 1996 pola que se aproban os temarios que han de rexer nos procedementos de ingreso, adquisición de novas especialidades e mobilidade para determinadas especialidades dos Corpos de Profesores de Ensino Secundario e Profesores Técnicos de Formación Profesional.

Parte B

A realización de casos teórico-prácticos durante 3 horas por escrito. Versarán sobre aspectos relacionados co temario. Tradicionalmente hai un bloque de preguntas de orientación laboral, casos prácticos de economía e economía da empresa, supostos teóricos ou prácticos de prevención de riscos laborais e dous ou máis situacións a solucionar de dereito laboral e Seguridade Social.

Aquí podes ver un exemplo da última proba de oposicións de FOL en Galicia:

2ª PROBA

Programación didáctica

Presentar e defender unha programación didáctica para un dos módulos asociados á especialidade de FOL durante un máximo de 20 minutos de forma oral ante o tribunal.

Unidades didácticas

Presentar e defender unha unidade didáctica, de entre 3 extraídas das relacionadas na túa programación didáctica, durante un máximo de 30 minutos de forma oral ante o tribunal.