O noso modelo

Usaremos unha aula virtual (Moodle) na que estará todo o necesario para seguir a preparación, materiais, ligazóns aos videos, foros, chats, mensaxería, novas, etc… Poderás acceder aos materiais en calquera momento, en calquera lugar, cando ti o precises. Porque o primeiro paso é adaptarnos a ti e o teu horario. Unha preparación ergonómica.

Axudarémosche a configurar a app de Moodle e así ter todo dispoñíbel desde o teu móbil ou tablet.

Photo by Julia M Cameron from Pexels

Sabemos que o teu tempo é limitado, que non sempre podes seguir unha videoconferencia en directo ou que unhas semanas podes avanzar máis e outras menos, que hai bloques e prácticos cos que estás máis cómoda e cos que non, por iso realizamos a preparación tendo en conta as necesidades de cada quen.

Atención multidisciplinar

Simultanearemos varios bloques do temario á vez (laboral e Seguridade Social, prevención de riscos laborais, economía e orientación laboral). É unha preparación con flexibilidade, onde ti poderás ir preparando aquelas áreas que prefiras, que mellor se che dean ou coas que te sintas máis a gusto.

Organización mensual

Mensualmente accederás a un conxunto de temas e de boletíns de supostos prácticos co seu material complementario necesario. A nosa proposta axudarache a marcar unha planificación de estudo semanal flexíbel, mais enfocada a acadar un ritmo de traballo constante e adecuado aos obxectivos propostos. Proporcionarémosche cada mes o necesario para traballar os temas, a práctica, a programación e as unidades, sabendo que a chave para aprobar é avanzar, mais repasar, repasar e repasar.

Atención individualizada

Contarás con nós para resolver todas as dúbidas que poidas ter vía mensaxería. E non te preocupes se xa o dimos hai unha semana ou hai catro meses. Estamos aquí para te axudar.
No foro público podemos compartir inquedanzas, problemas, máis dúbidas ou simplemente preocupacións. O noso equipo estará sempre disposto para te axudar en calquera momento.

Apoio e alento

A nosa primeira labor é apoiarte nos avanzos e nos erros para te axudar, empurrar e ilusionar. E ademais, tan importante como todo o anterior é saber que formas parte dun grupo que non quere deixar ninguén atrás, co que te sintas a gusto, comprendido e respaldado. E que nos momentos de desánimo poderás contar con nós para seguir adiante con gañas e forza.

Coa nosa canal de Telegram recibirás todas as novidades, actualizacións, avisos e informacións de interese relacionados coa preparación.

Con esforzo e organización podes chegar á cima do que te propoñas

Lucas Vázquez