O equipo de folenrede

Unha aposta única: un equipo para ti

Apostamos polo traballo en equipo, de forma colectiva, diversa e coas múltiples miradas que todos aportamos. Esta é unha preparación única porque poderás acceder a un grupo de preparadores para que teñas sempre unha alternativa para ti. E sabemos que entre todos poderás lograr o que desexas: chegar a ser docente e aprobar as oposicións.

Ana Freijeiro

Funcionaria de FOL desde hai 20 anos. Licenciada en Dereito Económica, Máster en Medio Ambiente e coordinadora en proxectos Erasmus+ desde hai 10 anos.

Lucas Vázquez

Nº 1 nas oposicións de FOL de Galicia do 2021. Licenciado en Dereito, fan das novas metodoloxías no ensino.

Sérgio Nunes

Nº 1 nas oposicións de FOL de Navarra do 2004. Licenciado en Economía, Máster en PRL e en Dirección Pública. Actualmente exercendo na especialidade de economía de secundaria.