Secuenciando a preparación

Temario e práctica

En base á experiencia dos últimos anos na oposición, dividimos a preparación nas seguintes partes:
1. Orientación laboral
2. Economía e economía da empresa
3. Prevención de Riscos Laborais
4. Dereito Laboral
5. Seguridade Social

Cada mes poderás traballar diferentes bloques á vez. Nós iremos avanzando e subministrarémosche os recursos para que poidas alternas entre as diferentes áreas temáticas que sexan máis interesantes para ti. Porque nunha preparación personalizada és ti quen ten que decidir.

O temario

Traballaremos os 69 temas do temario focalizandonos nos necesarios para a práctica, así poderas simultanear o estudo coa realización dos casos prácticos. Poderás organizarte de xeito personalizado e adaptar o teu plan de estudo como mellor se acomode.

O obxectivo é rendibilizar o teu tempo de estudo.

Planificando a práctica

Desde o principio da preparación saberás que tipos de exercicios realizaremos ao longo de todo o ano. Así poderás planificar a túa preparación como mellor consideres. A secuenciación está pensada de menor a maior dificuldade, ligando os coñecementos necesarios previamente para as seguintes partes e cunha combinación de bloques que facilite a preparación cada mes.

Entregaranse casos prácticos de diferente dificultade, secuenciados temporalmente, de xeito que cada semana se poida traballar unha área e ao final da semana recibas as solucións comentadas e argumentadas para a súa resolución e comprensión.

Programación didáctica

Unha parte fundamental onde se avaliará a túa idoneidade como docente. Non a podes deixar atrás!

O noso equipo ten unha ampla formación didáctica e aplicación práctica no día a día das nosas aulas e poderás aproveitarte da nosa experiencia. E por iso sabemos que ser docente non é apenas ter moitos coñecementos teórico-prácticos.

Esta parte farémola como un curso propio, onde haberá maior apoio de videoconferencias, algunhas grupais e outras individuais. E tamén material didáctico, lexislación, alternativas metodolóxicas ou propostas didácticas. Comezaremos desde a primeira semana e farase paralelamente ao resto da preparación. O obxectivo é que en xaneiro estea a programación, e en abril as unidades.

Proporemos datas de entrega das diferentes partes que a compoñen e, finalmente, a exposición final individual.

O importante é que a programación e as unidades sexan túas, persoais e únicas.

OPCIÓN SÓ
Programación e Unidades

Se o desexas podes preparar con nós só a programación e as unidades didácticas. Como esta parte está configurada como algo independente do resto podes unirte a nós!

Queres preparar a programación e as unidades para outras especialidades de FP?

Estaremos encantados de axudarche. A base desta proba é a mesma para calquera especialidade, polo que con nós terás unha preparación completa.

Contacta con nós comentándonos a túa situación.

info@folenrede.gal